Ir a inicio

Escríbanos

 Buscar dentro del sitio

Todos los domingos de 12.00 a 13.30 hs, hora local

Presentación | Misceláneas  |  Editoriales |  Lecturas |  Agenda  |  La queimada |  Himno  Camino de Santiago  Fotos de Familia  |   Humor  Mensajes

  • Presentación
  • Misceláneas
  • Editoriales
  • Lectura
  • Agenda
  • La Queimada
  • Himno
  • Fotos de viajes
  • Camino de Santiago
  • Fotos de familia
  • Humor
  • Mensajes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                         

                      

 

 

Outra frase  Castellano

 

Con Vós

Idea e conducción: Ramón Suárez O Muxo

FM 97.9 Radio Cultura

Os domingos de 12.30 hs. a 14:00 hs. (hora local) 

Por Internet:  www.fmradiocultura.com.ar

       

 Bernardo de Irigoyen 972 Subsuelo -  C1070AAT - Bos Aires, Arxentina

 Correo:    Contacto >>>      Tel. +(54 11) 5031-9807/08

      

                      

"Con Vós"  é un programa radial que se emite tódolos domingos, ininterrumpidamente dende o 12 de xulio de 1998 . Esta proposta puxémola a andar coa idea de facer algo distinto -NON MELLOR DO QUE XA HABÍA - , na difusión da cultura galega.


O título pretende ser un abarcativo das dúas culturas que atinxen ao programa: con vós en galego, que é un xeito de dirixirme a tódolos galegos. E como oralmente con vos non ten til e tamén unha forma de dicirlle aos "Ches" no seu idioma (vos=ti) :estou contigo. En definitiva a proposta era estar preto da xente , e ao longo destes primeiros seis anos coido que se conseguiu. As chamadas dos ointes interesándose por moitos dos contidos do mesmo, non só nos convenceron de que acadamos o buscado, senón que ademais leváronnos a pensa-la creación desta páxina web, que terá: retallos do programa radial e algunhas outras cousas da nosa cultura e tradición.


No programa pasamos música galega de onte , nantronte e hoxe, informamos da actualidade galega e española así como do que pasa na colectividade aquí na Arxentina . A veces teño ganas de pasar un só tema non galego e pasoo dentro dun segmento que chamo "O Capricho do Muxo" . Hai un "Curruncho do Muxo" no que lemos aos escritores galegos de tódalas épocas e, cando me peta, fago algún comentario editorial que pode ser sobre calquera cousa como o poderedes ver en algúns que inxerimos na páxina


PORQUÉ MUXO?: Porque é o alcume da familia de miña nai. Polo que eu son oficialmente Ramón Suárez Álvarez e, afectivamente " muxo " , e sendo "Con Vós" unha proposta afectiva, pareceume axeitado facela co nome que ademáis tamén reflicte a miña identidade galega. Exemplifico co que lle pasou a un primo, que é médico aquí na Arxentina que se chama José Eduardo Amadeo Álvarez. Seu pai foino a buscar á residencia donde traballaba e preguntoulle a un grupo de médicos, polo doutor "Tati". Polas risas dos compañeiros déuse conta que preguntara polo nome afectivo (o que el sinte) e non polo oficial. 

 

MUXO: Peixe mariño comestible, de cor negra polo lombo e prateada polo ventre, de beizos grosos. Tamén se di muxe. É un peixe azul coma a sardiña, o xurelo, etc. Na Arxentina coñecese por "lisa".



        

        

Ramón Suárez O Muxo xunto a Carlos Núñez e o Tigre Noya,

cociñeiro do restaurante "O Toxo" de Bos Aires (outubro de 2003)

 

Ver galería Fotos de Familia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"Con Vós"   2004 - 2014

© www.galiciaconvos.com

 Contacto